'O que arde' tamén consegue o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía

Mauro Herce recolleu o segundo galardón da noite para este filme rodado nos Ancares. Xa fora premiado nesta mesma categoría nos Premios Gaudí.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 25/01/2020 | Actualizada ás 23:13

Comparte esta noticia

Mauro Herce conseguiu o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía por 'O que arde', o filme de Oliver Laxe rodado nos Ancares lucenses.

MIRAMEMIRA - Arquivo
MIRAMEMIRA - Arquivo

As impresionantes imaxes do monte, do lume, do rural naviego... valéronlle o segundo galardón a Mauro Herce, despois do conseguido recentemente nos Premios Gaudí. O catalán agradeceulle a Oliver Laxe a confianza depositada nel, pero tampouco quixo esquecerse dos brigadistas forestais que lles axudaron na rodaxe. "Velaron máis por nós ca por eles mesmos", subliñou Herce. 

Este é o segundo galardón da noite para 'O que arde', pois Benedicta Sánchez xa subira recoller o Premio a Mellor Actriz Revelación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta