Arredor de Prisciliano

O bispo galego axustizado en Tréveris é o eixo dun interesante volume coordinado por Victorino Pérez Prieto e no que se nos achega á figura de Prisciliano e a todo o que o seu movimento significou para Galicia.

Por Armando Requeixo | Ames | 14/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Capa do libro coordinado por Victoriano Pérez Prieto. Biblos
Capa do libro coordinado por Victoriano Pérez Prieto. Biblos

Coordinador: Victorino Pérez Prieto

Editorial: Biblos Clube de Lectores

Lugar: Cesuras-A Coruña

Ano: 2012

Páxinas: 126

Milenio e medio máis tarde, a figura de Prisciliano segue a constituír todo un referente espiritual, histórico e social para @s galeg@s do século XXI. O seu pensamento e doutrina enraizaron con forza na nosa comunidade, o que explica que tanto tempo despois o seu exemplo siga a espertar interese.

Sabedor desta realidade, o teólogo e ensaísta Victorino Pérez Prieto reuniu no volume Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación un grupo de especialistas sobre deste mitificado persoeiro que abordan diferentes aspectos da súa vida e obra.

O primeiro deles é, xustamente, o propio coordinador do libro, quen no artigo “Que podemos dicir hoxe de Prisciliano?” resume as teses fundamentais do seu recente libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (2010). Fai, así, repaso dos principais episodios vitais do personaxe, dende a súa incerta orixe ata a súa decapitación en Tréveris (385), pasando polos seus anos de formación, o tempo pastoral e o seu enfrontamento coa cúpula papal por mor das súas prácticas reformistas e anovadoras. Agora ben, tan interesantes coma estas informacións son outros capítulos de maior elucubración por parte de Pérez Prieto, páxinas nas que tenta responder complexas preguntas como ¿onde descansan os restos de Prisciliano? ou ¿que escribiu, exactamente?

Seguen ao traballo de Pérez Prieto os artigos de María José Bravo Bosch verbo das cuestións xurídicas e legais do proceso eclesiástico incoado contra Prisciliano (“Tréveris: proceso y muerte de Prisciliano”); a análise da pegada altomedieval das súas doutrinas e ensinanzas en tratadistas e grupos relixiosos como os tardopriscilianistas, sabelinos, adopcionistas e mesmo luteranos que estuda Andrés Olivares Guillem en “Tempora si fuerint nubila. Prisciliano a través de los tiempos medievales”; os ecos da presenza de Prisciliano e o priscilianismo en obras e autores da cultura lusa revisados por Ricardo Ventura (“Prisciliano e o priscilianismo en Portugal”) e a conexión por filoxenia existente entre Prisciliano e Rosalía de Castro así como o seu exemplo a prol do igualitarismo xenérico destacados por Pilar García Negro en “Prisciliano, o priscilianismo e a as mulleres”.

En suma: un proveitoso volume este Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación para todas aquelas persoas interesadas en coñecer, de primeira man, cal é o actual estado da cuestión no que á máis alta investigación sobre o mundo do priscilianismo se refire, unha valiosa publicación que tivo a fortuna de verse acollida no seo de Biblos Clube de Lectura, quen agora a dá ao público na ben coñecida Colección Mandaio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 O Príncipe dos Mouros

Que interesante! Onde podo mercalo?

1 anonimo

Ola. O libro pode mercalo directamente en Biblos Clube de Lectores (981777207/www.biblosclube.com) e envíanllo por Correos ou en librarías.

2 Biblos

Podes atopalo en calquera libraría, porque está distribuído por Consorcio Editorial, ou pedilo directamente a Biblos Clube de Lectores subscritores@biblosclube.com

2 Prisci el progre

Que guay era Prisciliano: progre, enraizado en la tierra, medio pagano, del noroeste peninsular y encima ajusticiado. Solo le falta haber sido gay y de la UPG

1 Lucense

"Ajusticiado"? Quererás dizer assassinado polos predecessores do nacionalcatolicismo, do fanatismo intolerante e do etnocídio sistemático. Uma outra recomendaçom bibliográfica, lamentávelmente desconhecida para a maioria dos galegos sobre esta figura: http://www.asa.pt/produtos/produto....

2 Prisci el progre

Claro, como no. Fue Aznar en persona quien se se cargó a Prisciliano. Con ayuda de Bush y de Fraga, así como el Opus que se la tenía jurada.

3 Anti-Opus

Prisci el facha, vai rezar, pega co cacholo contra a pedra que é o que gustades de facer os homes de fé, e non te metas nas conversas das persoas do século XXI, o voso é seguir na idade media, entre oración e oración podes leer algo máis ala de Imperium ou desas trangalladas que leedes os feudalistas, que teñas boa noite, e non te toques que o mesmo Deus te ve.

4 Prisci el progre

Los hombres de fe gozamos de nuestras esposas cuando nos place mutuamente y traemos muchos hijos al mundo, que son el futuro de nuestra amada patria española. Mientras tanto vosotros en vuestra lamentable impotencia aparte de tocaros la banana os consoláis con vuestras fábulas. Aunque claro es comprensible porque vuestras hembras aparte de mal aseadas suelen ser horribles. Pobriños. Señor, perdónalos porque no saben lo que hacen

1 Roi Xordo

Cando novo, unha amiga e máis eu sempre falabamos da capital de Galicia como Prisciliano de Compostela.

1 Roi Xordo

Hoxe, co tempo, decátome do erro: debera ser San Prisciliano de Compostela.

2 Amón XXVII

Mira Roi, non sempre máis hoxe si coincidimos, e eu tamén teño a mesma costume, iso sí, sen o San, estou convencido de que o que esta soterrado ahí (si esta) e Prisciliano, e toda ista tropa que ven a "visitar" a Santiago, en realidade estalle a render homenaxe a un gran home (que non é o mesmo que un santo, que se saiba non era do Opus) que era Prisciliano de Compostela, parabéns polo comentario.