O Colexio de Psicoloxía reclama "políticas de apoio e protección integral" ás vítimas tras o crime da Pastoriza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresou este luns a súa "máis rotunda condena" ao asasinato machista ocorrido esta fin de semana na Pastoriza (Lugo), e ante o que volveu reclamar "políticas de apoio e protección integral" ás vítimas da violencia de xénero.

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

O colexio subliñou o "total rexeitamento a calquera tipo de violencia psicolóxica, física ou sexual contra a muller". "É fundamental que, como sociedade, especialmente os seus responsables da Administración, contribuamos a pór fin a este grave problema social", engadiu.

A prevención, indicaron os responsables do colexio, é "o mecanismo real para pór fin á violencia contra as mulleres e, así, desterrar condutas que permanecen na sociedade e que perpetúan os malos tratos á muller".

"Desde a psicoloxía, reclamamos unha maior incidencia nas medidas de carácter preventivo e de intervención psicolóxica, especialmente nas idades máis temperás, para erradicar estereotipos machistas e desigualdades que sustentan a violencia contra a muller", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta