Temas: AFUNDACIóN

O ciclo 'Educación século XXI' de Afundación chega a Santiago e A Coruña centrado na educación do talento

Participará o filósofo, escritor e pedagogo José Antonio Marina, que impartirá unha conferencia los días 5 y 6 de febrero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Afundación, a obra social de Abanca, continúa co seu ciclo de conferencias 'Educación século XX' coa participación do filósofo, escritor e pedagogo José Antonio Marina, que impartirá unha conferencia o próximo día 5 de febreiro na Coruña e o día 6 en Santiago de Compostela.

Ciclo 'Educación século XXI' de Afundación.
Ciclo 'Educación século XXI' de Afundación.

En concreto, o ciclo de relatorios organizados pola entidade busca consolidar a súa "firme aposta" pola "difusión de modelos formativos diversos en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento", cos docentes e os pais como protagonistas, segundo informa a organización.

José Antonio Marina, que dará a súa conferencia na Sede Afundación da Coruña o mércores 5 e no Auditorio Abanca de Santiago o xoves 6, tentará "dar resposta a unha cuestión que preocupa, ou debería, a políticos, empresarios e cidadanía en xeral: como podemos xerar talento?".

Neste sentido, o pedagogo abordará o concepto de educación do talento ou intelixencia triunfante, que é aquela que acerta ao elixir as metas e consegue alcanzalas. "Hoxe máis que nunca somos conscientes da complexidade, a velocidade e o cambiante que vai ser a sociedade do mañá, pero tamén sabemos que a educación é a gran esperanza das sociedades, que temos que investir recursos nela e que, ben dirixida, levaranos a construír unha sociedade máis digna e máis xusta", subliña Abanca.

Temas: AFUNDACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta