Villares insiste en que En Marea estará nas eleccións galegas "ou en alianza ou en solitario"

Defende que o seu partido representa unha "oferta singular" no panorama político galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, insistiu en que a organización que encabeza estará nas eleccións autonómicas, ben como parte dunha "alianza" con outras forzas ou en "solitario".

O portavoz de En Marea, Luís Villares.
O portavoz de En Marea, Luís Villares.

O tamén portavoz do grupo mixto na Cámara galega apuntou que En Marea "traballa en dúas liñas" de cara á cita coas urnas e que ambas pasan por concorrer ás eleccións.

"O que En Marea vai executar é o seu dereito a contrastar o seu programa coas urnas", dixo Villares, que defende que o seu partido representa unha "oferta singular" no panorama político galego.

A continuación, incidiu en que continúa vixente a súa chamada ao diálogo para configurar unha alianza entre forzas progresistas para concorrer xuntas ás autonómicas que, con algunhas formacións "será preelectoral" e con "outras" será "postelectoral".

"Que non haxa alianzas non nos vai impedir seguir adiante na carreira electoral", sinalou Villares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta