O Concello de Ferrol homenaxea a oito persoas fusiladas polos franquistas no Castelo de San Felipe en 1938

Entre os homenaxeados está Amada García, unha nova condenada á morte estando embarazada e que foi executada ao pouco de dar a luz o seu fillo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol lembrou este luns no Castelo de San Felipe a figura de Amada García, unha muller fusilada en 1938 ante un dos muros desta fortificación xunto con outras sete persoas, ás que se homenaxeou no 82 aniversario da súa execución.

Homenaxe en Ferrol a Amada García e outros sete fusilados.
Homenaxe en Ferrol a Amada García e outros sete fusilados. | Fonte: Europa Press

"O mellor que podemos facer é reter na memoria como oito persoas se enfrontaron ante estes mesmos muros a un pelotón de fusilamento, e que estes foron só algunhas das miles de persoas que correron esa sorte no momento no que finalizou o diálogo e a democracia e as balas e a represión foron os únicos argumentos", dixo o rexedor ferrolán, Ángel Mato, durante o acto.

De forma particular, Mato instou a lembrar a figura de Amada García, que "talvez" por ser muller que "pagou máis cara a defensa das súas ideas e liberdades". "Só desde a dobre moral repelente se concibe o condenar a morte a unha muller embarazada e facerlle mesmo esperar a que teña o seu fillo para logo matala de maneira cruel", dixo o rexedor, en presenza de integrantes do seu goberno e do grupo municipal de Ferrol en Común, ademais de familiares da muller executada e amigos.

Amada García era unha moza veciña de Mugardos, militante do Partido Comunista, que foi detida tras o golpe de Estado cando estaba embarazada e sometida a un consello de guerra que a sentenciou a matar. A condena foi executada tras dar a luz ao seu fillo, Gabriel, cando este contaba con 88 días de vida.

Entre a sentenza e o seu fusilamento, que se produciu o 27 de xaneiro de 1938, hai este luns 82 anos, Amada García estivo presa no cárcere de Mulleres de Ferrol.

Ademais desta veciña de Mugardos, nesta mesma xornada de 1938, outras sete persoas da comarca de Ferrolterra foron tamén fusiladas no mesmo lugar, todos eles homes.

Segundo relatan algúns textos, o xonsello de guerra ao que foi sometida esta nova, que tiña 28 anos, estivo infestada de irregularidades como declaracións falsas asinadas por testemuñas analfabetas, ademais de ameazas e multas ás testemuñas da defensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta