Os abrazos que custan 1.000 euros

Investigada unha moza de Ourense por subtraer unha carteira con máis de mil euros a un octoxenario tras darlle un abrazo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/01/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigada a unha moza veciña de Ourense por subtraer unha carteira con máis de mil euros a un octoxenario tras darlle un abrazo despois de ofrecerlle uns chisqueiros.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigada a S.A., de 35 anos de idade e veciña de Ourense, como presunta autora dun delito de furto, tras unha denuncia presentada o pasado 18 de decembro por un veciño de 82 anos de Castro Caldelas.

O denunciante relatou que, despois de ofrecerlle uns chisqueiros e darlle un abrazo, subtraeulle unha carteira que contiña 1.250 euros. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Trives.

Detención por parte de axentes de Guardia Civil
Detención por parte de axentes de Guardia Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta