Galicia segue sendo igual de pobre que era en 1955

Pasou de penúltima a antepenúltima comunidade en renda entre 1955 e 2018, segundo un estudo de Fedea. As máis ricas seguen sendo as que tamén o eran hai 65 anos; Madrid, Navarra, País Vasco e Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 28/01/2020 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A diferenza de renda relativa entre a rexión máis rica e a máis pobre en España reduciuse á metade desde 1955 a 2018, aínda que en todo este período do franquismo á actualidade Galicia só subiu un posto en niveis de renda per cápita relativa. Así, en pleno franquismo Galicia ocupaba o penúltimo lugar, só con Estremadura en peor posición. Agora Andalucía baixa ata o segundo lugar pola cola, mentres a Comunidade galega sobe un chanzo e queda de antepenúltima.

O traballo de Fedea, que realizou Ángel de la Fuente, argumenta que no período 1955-2018 o emprego converteuse no factor determinante da diverxencia e é unha etapa en que Madrid desprazou ao País Vasco, desde 1978, da primeira posición de renda per cápita.

Fedea abordou a evolución da economía das comunidades autónomas, elaborado por Ángel de la Fuente, que analizou os determinantes inmediatos das disparidades de renda per cápita entre comunidades.

EVOLUCIÓN

En 1955 a rexión máis rica era o País Vasco, seguida de Madrid, Cataluña e Navarra, mentres que as máis pobres eran Estremadura, Galicia, Castela-A Mancha e Canarias. En 2018, as rexións que ocupan os extremos do ranking de renda seguen sendo en boa parte as mesmas, aínda que con algunhas novidades e pequenos cambios na súa ordenación.

Madrid despraza ao País Vasco da primeira posición, e séguenlles Navarra, Cataluña e Aragón, á vez que Andalucía substituíu a Galicia no penúltimo lugar. No ultimo posto segue Estremadura.

O traballo sinala que a distancia entre os dous extremos da distribución da renda reduciuse á metade no período, ao pasar de máis de 124 puntos en 1955 ata o seis no ano 2018, e constata que as rexións máis pobres melloraron a súa situación relativa durante o período, mentres que as máis ricas xeralmente perderon terreo. Por iso, Fedea constatou "un proceso de converxencia rexional ou redución das disparidades de renda por habitante".

O EMPREGO, FACTOR DETERMINANTE

O estudo explica que na maior parte das comunidades, o groso da variación de renda relativa entre o comezo e o final do período débese á evolución do compoñente de produtividade, que perde importancia como fonte de disparidades de renda.

A distancia entre os extremos en termos desta variable reduciuse desde 97 puntos en 1955 ata 30 en 2018. A situación é moi distinta no caso do compoñente de ocupación, onde a distancia entre os extremos aumenta desde 24 ata 40 puntos.

'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956)
'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956) | Fonte: Manuel Ferrol

Emigrantes
Emigrantes | Fonte: Vivir Galicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Renta media por hogar en Galicia 2019: 27.658 €uros. Renta media en España en 2019: 28.417. Así que eso de que Galicia " sigue igual de probe en 1995 que agora" é un titular moi tendencioso. Ocupar un lugar baixo nas escalas de renta nas comunidades non implica ser probe.

2 8x56

As máis pobres están na fronteira con Portugal, e as máis ricas na francesa.

1 expaña nos rouba

E que para mais INRI si se dan conta aquí perdemos poboación e por iso o mellor somos mais ricos!!!