Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2020 | Actualizada ás 11:40
Os 'memes' levan en Internet máis dunha década, pero evolucionan e orixínanse a ritmo vertixinoso. Os que poden considerarse sucesores das antigas revistas de sátira, hoxe dominan a rede co seu manexo da ironía ou humor absurdo. Sendo cambiantes, espontáneos e visuais, exemplifican no mundo do humor á sociedade da sobreinformación na que estamos. Agora, nas redes cada unha ten o seu xeito de emprego.
En Twitter, adoitamos ver unha publicación co título 'Bomboclaat' e unha ou dúas fotos cun texto. O resto de seguidores fanse eco do twit e deben escribir sobre a sensación que lles transmite a imaxe ou inventarse un contexto para desenvolver as accións sobre esa escena. Literalmente, úsase a modo de 'que pensas diso?' ou 'a que che lembra iso?'. A súa utilización é similar á de 'Sco pa tu manaa'. Pero, que significa esa palabra que se semella ao ritmo dunha canción?
la gente en twitter: Bomboclaat
— yung fagota (@_jawit0) October 29, 2019
mi mente: pic.twitter.com/JDPmoUBqji
A súa orixe, está na lingua patois, en Xamaica. Segundo o portal especializado Know Your meme é un dos insultos máis populares da zona. Bumbo significaría vaxina e claat é a pronunciación xamaicana de tea. 'Bumboclaat' refírese ao papel higiénico ou compresas. Úsase coma exclamación, desacordo ou conmoción. Non ten un significado exacto, pero pode dicirse que é o equivalente ao 'fuck' en inglés.
No teníamos suficiente ya con el sco pa tu manaa que ahora os inventáis también lo de bomboclaat https://t.co/WkhO2KKWzp
— maría; (@soulfrommars_) October 13, 2019
Yo metiéndome con mi hermano // cualquier otra persona metiéndose con mi hermano https://t.co/90Tw4IW3rO
— Nerea (@Neerr02) November 18, 2019
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.