Un total de 36 deseñadores de 17 países deseñaron carteis para as Rutas do Viño

A imaxe escollida foi a de Álvaro Ismael Ortiz Albero, de Zaragoza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Un total de 60 carteis de 17 países concorreron ao concurso de cartelismo 'Terras Gauda - Francisco Mantecón', para deseñar a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño, que impulsan a Xunta e as Rutas do Viño.

Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz son os vencedores deste concurso, entre un total de 61 propostas de 36 deseñadores procedentes de 17 países, tan diversos como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Bulgaria, Polonia e Rusia, así como de diferentes puntos de España.

A imaxe das próximas xornadas, as novenas, será unha obra de Jesús Barbeito Rivas (Madrid) e a da edición do ano 2021, as décimas, corresponderá a Álvaro Ismael Ortiz Albero, de Zaragoza.

O concurso é froito da colaboración entre Adegas Terras Gauda e a Consellería de Cultura e Turismo para deseñar a imaxe publicitaria da iniciativa desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento turístico do cinco zonas vitivinícolas galegas.

Cartel Gañador para o ano 2020.. XUNTA
Cartel Gañador para o ano 2020.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta