Traballadores de Televés reclaman ante a empresa a readmisión dos seus compañeiros despedidos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Traballadores de Televés concentráronse este mércores ante as instalacións da empresa en Conxo, en Santiago de Compostela, para reclamar a readmisión dos seus compañeiros despedidos, "uns por ter unha limitación física e outros por supostas causas organizativas".

O persoal de Televés mostrou así a súa "indignación" polo "cambio de actitude" da empresa, que "ata este último ano viña caracterizando por ser un referente a nivel comarcal, nacional e mesmo estatal nas súas relacións laborais", afirman.

Ademais, manifestaron o seu "rotundo rexeitamento" polo despedimento dos dous compañeiros "que, por motivos de saúde, tiñan unha limitación física que, ata a data dos seus despedimentos, non lles impediu realizar o seu traballo e conseguir un rendemento excelente".

Concentración de traballadores de Televés.. CIG
Concentración de traballadores de Televés.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta