Industria esixirá á empresa mineira de Touro actualizar o plan de restauración

Antón Sánchez valora como unha "boa noticia" o rexeitamento ao proxecto mineiro, pero sostén que se produce porque a Xunta se viu "forzada a tomar esta decisión ante a presión popular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou de que se esixirá aos responsables da empresa a actualización do plan de restauración da mina de Touro co obxectivo de "salvagardar" o estado ecolóxico do curso fluvial.

Así o dixo en resposta no pleno do Parlamento a unha pregunta de Común da Esquerda, na que defendeu a negativa do Goberno galego ao proxecto mineiro en Touro e O Pino, xa que a Xunta foi "coherente en todo momento".

Respecto diso, o deputado Antón Sánchez acusou á Xunta de "incumprir os prazos fixados" para "darlle toda a oportunidade" á mineira, pois asegura que a negativa da declaración de impacto ambiental (DIA) se basea en dous informes de Augas de Galicia e Patrimonio Natural que xa foron emitidos "en maio de 2018 e volveron ser emitidos en febreiro de 2019".

Sánchez valora como unha "boa noticia" o rexeitamento ao proxecto mineiro, pero sostén que se produce porque a Xunta se viu "forzada a tomar esta decisión ante a presión popular". "Sen esa loita non se lograría o que parece que xa se logrou", sentenza.

En cambio, Conde reprochou a Antón Sánchez que "tentou unha e outra vez que este goberno non aplicase a lei", á vez que pide "respecto" aos 3.500 empregos da minaría en Galicia.

Repercusións da mina de Touro nos ríos. ALDEA VIVA
Repercusións da mina de Touro nos ríos. ALDEA VIVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta