Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2020 | Actualizada ás 08:10
As saídas laborais en canto á investigación no Estado español non se atopan no seu mellor momento. Para evitar isto, xorden diferentes propostas por parte das universidades. É caso da UVigo co seu novo programa de tesis de doutoramento. A universidade galega abrirá desde o día 6 de febreiro ata o 10 as 7 prazas para matricularse no doutourado de Creatividade e innovación social sostible.
Será a terceira edición do programa, no que colaboran máis de 140 investigadores de todas partes do mundo. Os doutourados duran de 3 a 5 anos de media. Este, busca complementar diferentes sinerxias de diferentes ámbitos para mesturalas entre sí, facéndoas complementarias e multidisciplinarias. Falamos coa presidenta da comisión académica e coordinadora desta nova modalidade, Ana Belén Fernández
Galicia Confidencial: Como xurdiu a idea deste doctorao?
Ana Belén: Naceu do propio vicerreitorado de Pontevedra cando creou o Campus Crea, cando intentaron aglutinar todos os ensinos. Identificaron basicamente 6 liñas de investigación, que son as base no noso doutoramento.
A idea do doutoramento é a mesma que a do Campus Crea, é dicir, buscar máis interdiscplinaridade e colaboración entre os diferentes investigadores do campus. Ás veces un está traballando nun tema nos que outros poden estar ligados.
G.C: Como se complementan as ensinanzas?
A: A particularidade do programa é que se traballan 6 materias en simultaniedade. As 6 semellan moi dispares entre si. Son comunicación, deseño, gobernanza, recursos naturais, educación e saúde. Buscamos que polo menos, dúas delas se toquen entre elas.
G.C: Que exemplos de investigacións pode haber?
A: Hai un caso dunha tese que vincula a liña de comunicación e a educación, na que se utilizan os videoxogos como ferramenta educativo para os rapaces. Temos outra que busca alternativas e solucións aos problemas que ten Galicia co lume, mestura a liña de gobernanza coa de recursos naturais. Outra diferente é unha desenvolta entre o deseño (concretamente na moda) e a saúde, están traballando na creación de novos tecidos deportivos e que poidan medir cualidades propias da saúde, coma o azucre que se queima nunha actividade física concreta.
G.C: Concretamente, a que se refiren as ensinanzas de gobernanza?
A: Segue un pouco todas as normas de transparencia, igualdade... Todas as fórmulas para buscar unha integración na sociedade das institucións publicas e privadas. Ten moitos vínculos coa comunicación, como a coorporativa ou comunicación social sostíbel.
G.C: Falades na presentación de que a sociedade precisa uns avances, cales serían?
A: Son os que están implícitos no propio programa do doutoramento, como a creatividade. Unha persona creativa é capaz de resolver un problema cunha solución nova. Tamén a sustentabilidade, que preocupa as institucións e, por útlimo, os avances relativos á integración social.
G.C: Mencionando a sustentabilidade, tedes en conta as liñas establecidas polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU?
A: As teses non só veñen definidas polo programa. Son tamén os propios matriculados os que veñen con propostas. Evidentemente, esas organizacións supranacionais téñense moi presentes porque é o que demandan as empresas e institucións públicas.
G.C: Supoño que esas empresas tamén demandan ao traballador "todocampista", non?
A: Sí. Por iso o programa é interdisciplinar e multidisciplinar.
G.C: Cres que o programa pode servir para evitar a 'fuga de cerebros' que se está a dar e que a xente quede en Galicia?
A: Esperemos que sí. De feito, nos dous primeiros cursos tivemos xente de todo o sistema universitario de Galicia. Tamén xente que ven doutras comunidades autónomas, de Portugal ou incluso de Latinoamérica.
G.C: Que tipo de perfil buscaría este tipo de doutoramento?
A: Normalmente un percorrido máis amplio que os xerais. Busca dous liñas diferentes, pero complementarias. Practicamente todos os másters poderían ter cabida neste doutoramento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.