Sada solicitará a práctica de proba documental e testificais na vista previa polo Pazo de Meirás

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/01/2020 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O Concello de Sada  solicitará este venres, na audiencia previa no proceso xudicial para a recuperación do Pazo de Meirás, a práctica de proba documental, ademais de varias testificais, segundo informa.

Pazo de Meirás.
Pazo de Meirás. | Fonte: Europa Press.

No que se refire a a proba documental, avanza que será requirir ao Banco de Santander para que achegue copia testemuñada de todas as operacións bancarias nas que interveu o extinto Banco Pastor "en relación coa fraudulenta adquisición do Pazo de Meirás".

"Tanto no relativo ao suposto pago efectuado á anterior propietaria como aos seus antecedentes (hipoteca constituída), así como todos os movementos bancarios que puideron ser realizados a título da Xunta pro-Pazo ou da cal dita entidade era a beneficiaria".

"O obxectivo de tal práctica de proba é poder acreditar tanto a orixe e disposición dos fondos como a propia intervención do entón presidente do Banco Pastor, Pedro Barrié, que tivo unha participación fundamental en toda a operación", engade.

Do mesmo xeito, o Concello de Sada tamén solicitará a intervención como testemuñas de Xosé Manoel Núñez Seixas, Emilio Grandío Seoane, Luís Míguez Macho, José Manuel Busto Lago, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta