O Defensor del Pueblo reclama de novo á Xunta solucións para as graves deficiencias do psiquátrico de Conxo

O Mecanismo Nacional de Prevención contra a Tortura (MNP) xa avisara en 2017 ao goberno galego da gravidade do estado da contención mecánica nese centro. Así mesmo, dá un mes á Administración autonómica para que lle respondan ás súas consideracións e recomendacións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/01/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O MNP, dependente da Oficina del Defensor del Pueblo, remitiu en setembro de 2019 un novo escrito á Xunta de Galicia, responsable do Hospital Psiquiátrico de Conxo, informando sobre a gravidade do estado da contención mecánica nese centro. No documento tamén se lle indican á Xunta as actuacións necesarias para controlar o que ocorre con esta práctica. Dentro do mesmo documento enviado ao executivo de San Caetano, insístese na cuestión da protección da intimidade das persoas ingresadas e residentes no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela

Este asunto deuse a coñecer polo Movemente Galego pola Saúde Mental (MGSM), quen tamén sinalaba que a resposta desde Galicia ao MNP, é que a súa petición estaría en estudo no Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Santiago.

No mesmo escrito, o MNP dá un mes á Administración autonómica para que lle respondan ás súas consideracións e recomendacións, á parte de recordarlle a lexislación que regula a Institución del Defensor del Pueblo. O MGSM sinala que o organismo público estatal “nin podía nin ía deixar sen completar o traballo iniciado en 2017, que deu orixe ao informe sobre o estado do Hospital Psiquiátrico de Conxo”. En dito informe, segundo reza o comunicado do MGSM  “constataban actuacións coas persoas ingresadas que non son permisibles segundo a Declaración de Dereitos Humanos e o previsto na Convención das Nacións Unidas”.

Por último, acúsase aos gobernantes da sanidade galega de negaren “a veracidade do
informe do MNP, o Partido Popular chegou a facelo ante o Pleno do Parlamento de Galicia”
. Doutra banda, “os máximos responsables da Xunta evitaban dar a cara para así non verse salpicados polo estado de cousas denunciado” sinala o MGSM,  “deixando de forma intolerable a responsabilidade da resposta ao MNP en cargos de baixo nivel administrativo”.

O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia a total falta de interese da Xunta de Galicia
por adecuar as políticas de atención en saúde menta
l “ás normativas de protección dos dereitos
humanos ratificadas polo Estado español nos organismos internacionais dos que é membro”.
Tamén acusan ao executivo galego de non garantir un enfoque baseado “en dereitos e plena participación cidadá nas políticas sanitarias, e por resolver as carencias históricas en recursos e orzamentos necesarios para dar unha atención pública de calidade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta