O PPdeG rexeita un pacto con Cs en Galicia, mentres que o PP de Madrid o apoia

A líder de Ciudadanos aposta pola coalición "Mejor Unidos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/01/2020 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Os populares galegos rexeitaron este venres a proposta lanzada pola portavoz de Cs no Congreso, Inés Arrimadas, de concorrer nunha candidatura conxunta ás próximas eleccións autonómicas. Con todo, desde o PP galego din que teñen a porta "aberta" aos votantes e dirixentes de Ciudadanos se se queren integrar no seu partido.

Fontes do PPdeG consultadas por Europa Press aseguraron descoñecer "en que consiste" a proposta de Arrimadas, pero lembraron que a formación que lidera Alberto Núñez Feijóo "sempre" sostivo que é un partido "aberto a todo aquel que queira sumarse á maioría" que --sostén-- representan.

"CS EN GALICIA CABE NO PPDEG"

Así mesmo, remitíronse ás palabras pronunciadas por Feijóo, quen no seu día xa rexeitou para Galicia a fórmula de 'España Suma' exposta por Pablo Casado co argumento de que non era necesaria na Comunidade e defendeu que "Ciudadanos en Galicia cabe no PPdeG".

Neste sentido, os populares manteñen que a porta do PPdeG está "aberta" para que "se somen os seus votantes" --remarcan as fontes consultadas que "xa o fixeron unha maioría deles"-- e tamén os seus dirixentes porque "habendo diferenzas, hai tamén puntos de unión".

A presidenta e portavoz do Grupo Parlamentario Cidadáns, Inés Arrimadas intervén en rolda de prensa tras a Xunta de Portavoces, no Congreso dos Deputados
A presidenta e portavoz do Grupo Parlamentario Cidadáns, Inés Arrimadas intervén en rolda de prensa tras a Xunta de Portavoces, no Congreso dos Deputados | Fonte: Europa Press

A portavoz de Cidadáns no Congreso, Inés Arrimadas, anunciaba este venres que ía propor aos órganos do seu partido que a formación laranxa peche acordos "transversais" con outras forzas "constitucionalistas" para concorrer xuntos nas eleccións autonómicas de Cataluña, o País Vasco e Galicia. No caso galego, a única forza con posibilidade de pacto sería o PP tras o pacto do PSOE e de Unidas Podemos en Madrid.

Así o anunciou nunha rolda de prensa na Cámara Baixa, na que concretou que a súa intención é que este asunto se poida "debater e decidir" nunha reunión da dirección do partido que terá lugar a semana que vén. Arrimadas chegou mesmo a acuñar un posible nome para esas candidaturas: "Mejor Unidos".

O PP DE MADRID APOIA A PROPOSTA

O secretario xeral do PP, Teodoro García-Egea, puxo en valor a proposta que lanzou o seu partido de formar a coalición España Suma con Cs para as xerais do ano pasado e apostou polo acordo, tras o si da actual líder deste partido, Inés Arrimadas, a negociar listas conxuntas para as autonómicas de Cataluña, o País Vasco e Galicia. 

"Afastarnos do que nos separa, centrarnos no que nos une e loitar polo importante. O diálogo entre os que defendemos o fundamental faise imprescindible para afrontar o futuro de España", dixo o número dous do PP nunha mensaxe en redes sociais no que colgou un vídeo no que reivindica a proposta de España Suma que expuxo o seu partido xa o ano pasado ante as eleccións xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Ros

Cs è a p....a da polìtica e o pp nas artes de manipular eche o rei. Se me fas falla...arrìmate...senòn...afùndete. PP Cs... a mesma m.....a è

2 Sentidiño

Inés, iso de "Mejor unidos" parece de Podemos, e o de "Más Galicia" parece de Errejón... Eu teño unha solución que combina as dúas propostas para o nome: "Más Mejor".

1 GALIZA POLA LIBERDADE

os facistas están unidos.... O NACIONALISMO TEN QUE XUNTARSE!!!! non valen os falsos mesias como o vello... as portas están abertas si de verdade queren a Galiza deben buscar a unión co bloque galego!!!

1 Ricardo R.

A túa liberdade é a de Corea do Norte ou a do psiquiátrico de Conxo.

2 Alienao

Ricardo R., seica che sacou a neurona de paseo? Xa cagaches, contento ti e contenta ela.

3 Ricardo R.

Alienao, supoño que falas de ti e da tua nai, non?