Temas: TREN XUNTA AVE

A Xunta fala de "atraso importantísimo" no AVE e cuestiona a "escasa credibilidade" do Goberno de España

Por E.P. | Ourense | 31/01/2020 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cuestionou a "escasa credibilidade en asuntos do AVE" do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e reiterou que "o atraso do AVE a Galicia é importantísimo". Así o manifestou este venres, ao termo da presentación da nova residencia de persoas maiores que se construirá en Ourense.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez,en Ourense.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez,en Ourense. | Fonte: Europa Press

En concreto, referiuse a "un Goberno de España que non di a verdade co AVE", despois de ser preguntada polas declaracións de Losada o pasado xoves, nas que este aseguraba que "o que chaman atraso se trata dunha desviación duns meses".

Neste sentido, pediulle ao Goberno de España que "se o atraso é de poucos meses, que diga claramente cando se terminarán as obras". Ademais, engadiu que "canto menos atraso, máis se alegraría a Xunta de Galicia e os veciños".

Con todo, insistiu en que "o Goberno de España non está a dar unha data concreta do termo das obras da Alta Velocidade" e entende que "por algo será".

Temas: TREN XUNTA AVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta