Como xulgar un caso de acoso escolar

Alumnado de ESO asiste en Ourense a un xuízo simulado sobre acoso escolar.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/01/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Comisión de Igualdade do Colexio da Avogacía de Ourense, en colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e dentro do programa Educar en Xustiza, organizou este venres nos Xulgados de Ourense unha representación dun xuízo sobre acoso escolar para alumnos.

Á sesión, que ten como obxectivo achegar a Xustiza ao alumnado, asistiron 90 estudantes de segundo da ESO, é dicir, de idades comprendidas entre os 13 e os 14 anos, do IES As Lagoas. Os participantes na actividade non foron informados ata a conclusión da vista de que era simulada.

Na vista, foron 'axuizados' dous estudantes por, supostamente, acosar a unha compañeira de clase. Coma se dun xuízo real se tratara, testificaron a nai da denunciante, dúas dos proxenitores dos denunciados, unha médica forense, unha psicóloga e un traballador social do Imelga. Ao termo da sesión, o xuíz ditou sentenza in voce.

Despois da vista, o alumnado tivo a oportunidade de participar nunha charla-coloquio, durante a cal todos os participantes, entre eles o xuíz titular do Xulgado do Social número 1 de Ourense, Francisco J. Branco Mosquera; o fiscal Miguel Ruíz Sanz; e a vogal da Xunta de Goberno do Colexio da Avogacía de Ourense coordinadora da Comisión de Igualdade da entidade, Beatriz Rei Pereira, responderon as súas dúbidas.

Recreación dun xuízo por un caso de acoso escolar en Ourense.
Recreación dun xuízo por un caso de acoso escolar en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta