Anova tentará o diálogo co BNG para posibles alianzas electorais

Martiño Noriega avanza que en breve comezarán os contactos formais con outras forzas, cos que buscan ir "máis aló" de Podemos e EU. Non descartan a En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2020 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, dixo este sábado que o partido non se pon "nin fronteiras nin límites" para dialogar co espazo "á esquerda do PSOE" de cara a conformar unha candidatura unitaria para as eleccións autonómicas previstas, salvo adianto, para outono deste 2020.

Tras a reunión da Coordinadora Nacional en Teo (A Coruña), Noriega avanzou que en breve comezarán os contactos formais coas direccións doutros partidos políticos, o que irá "máis aló" de Podemos e Esquerda Unida (EU), os seus socios de grupo no Parlamento de Galicia pero cos que non conseguiron reeditar alianzas para as xerais do 2019.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Gladis Afonso e Martiño Noriega, integrantes da Coordinadora Nacional de Anova
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, xunto con Gladis Afonso e Martiño Noriega, integrantes da Coordinadora Nacional de Anova | Fonte: Europa Press

Neste sentido, afirmou que Anova tentará o diálogo co BNG e, preguntado por En Marea —marca baixo a que toda a esquerda rupturista se presentou aos comicios entre 2015 e 2016 e que rompeu de facto o pasado verán—, apostou por "non vetar a ninguén": "Iremos modulando".

E é que xa en varias ocasións o portavoz de En Marea, Luís Villares, convidara tanto a BNG como a Anova a configurar unha candidatura unitaria "de carácter nacional e progresista", o que excluiría a Podemos e EU. Pola súa banda, a líder do Bloque, Ana Pontón, mantén "man tendida" pero sen renunciar ás súas siglas, porque "a alternativa é o BNG", dixo.

Martiño Noriega explicou que Anova establecerá contactos non só con con estas forzas, senón tamén con outras que vaian "máis aló dos grupos actuais" no Parlamento. "Estamos a todo o que ten transcendencia e peso político á esquerda do PSOE", insistiu.

"TRABALLAR COOPERATIVAMENTE"

Ao seu modo de ver, este espectro político "estaría en disposición non de ser subsidiario" na esquerda "nin de repartirse postos nin pequenas porcentaxes", senón de "traballar coperativamente" para "liderar un cambio político real".

Con esta vontade de axuntar forzas, Anova xa comezara os seus "contactos informais" con ese espectro á esquerda do PSOE, segundo desvelou Noriega. A partir de agora, os nacionalistas farano de maneira "formal" non só con partidos, senón tamén con diversas plataformas e cidadáns "que están a resistir as políticas" de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

Neste mesmo sentido pronunciouse o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, quen considera que a conformación dunha candidatura alternativa é "unha cuestión de supervivencia para o país" para "acabar con dez anos de políticas do PP".

UN PP "DERROTADO POLA XENTE"

Respecto a conflitos como o do paridoiro do Hospital de Verín e a mina de Touro, Sánchez dixo que os populares "xa non son capaces de ofrecer nada máis" a Galicia e que se atopan "derrotados pola xente" a través dos movementos sociais.

"Feijóo ten que recorrer á censura, mesmo á manipulación informativa e a taparlle a boca a traballadoras e traballadores que desde hai anos reclaman unha sanidade pública digna", engadiu, respecto da polémica instrución emitida desde a Consellería de Sanidade para non permitir que nos centros sanitarios se colguen carteis con contido "difamatorio" contra as institucións públicas.

"Non imos permitir en ningún caso que se amordace xente que está a loitar polo noso benestar", apostilou o líder de Anova, quen tamén lembrou que o vindeiro domingo haberá en Santiago unha manifestación "para reclamar que pare xa a destrución da sanidade pública".

POR ANOVA "NON VAI A QUEDAR"

Conscientes de que Feijóo podería convocar en calquera momento as eleccións galegas —aínda que o PPdeG aposta por esgotar a lexislatura—, Martiño Noriega advertiu que por Anova "non vai quedar" que haxa unha candidatura unitaria do rupturismo na que a súa formación será "un actor fundamental" para o cambio.

"Non imos vetar a ninguén, pero os tempos son os que son e se queremos disputar hexemonías temos que ir aos espazos políticos que nestes momentos teñen incidencia real e tamén aos colectivos, plataformas e mareas municipalistas", subliñou o responsable de relacións políticas de Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

12 Rupturista

Se queredes axudar tedes 3 opcións, integrarse na opción galega do BNG, na española de Podemos ou directamente non presentarse, coma nas xerais. O demais é traballar para Feijóo, e por ter o voso carguiño e paguiña, claro. Roma non paga traidores, lembrade, e deixade de patalexar.

11 nostrus

Estes partidos politicos basados en la esencia y en el aroma, que se afanan en defender el sometimiento a la cultura y un pasado inexistente, si fuesen coherentes deberian defender la no-oficialidad del gallego, puesto que en el pasado y durante siglos dicho idioma no era oficial, deberian fanatizarse con las expresiones religiosas que abundan y son muy tipicas en Galicia, tales como casarse por lo católico o la celebracion de innumerables romerias. Por un lado defienden el sometimiento al pasado aunque fuese ficticio y por otro lado se disfrazan de progres. Mas que incoherentes son desorientados, mareados, confundidos, fanáticos y gallegos icompletos que necesitan renegar de algo para poder sentirse. Bueno, al fin y al cavo tambien son españoles que no logran desprenderse de tal condicion aunque pasen por el quirófano.

1 sei quen es

Rafa, ainda que estudases algo en Madrid, es galego, e iso non podes esquecelo. Non sei como como podes vivir con ese complexo que te abrasa........

2 Alpinista

Nostrus, moito "al fin y al cavo" non estudou. O do preconceito amosa que ademáis foi amaestrado en valores caducos.

10 un patriota galego

Son cantigos de sirea do -Vieirismo, non pode ser pois non son nacionalistas a única unión e a do bloque e os nacionalistas dende independentistas, galeguistas, compromiso x Galicia, xente independente, ten que ser unión de nacionalistas ... os -Vieiristas non son nacionalistas e un partido de expañois de unidade de expaña que esta dentro do podremios... NIN OS QUEREMOS NIN OS NECESITAMOS, para a maior parte da xente sodes SATANAS- O ANTICRISTO E O FALSO PROFETA... non queremos o señor -Vieiras e os seus monicreques...

9 nostrus

A mi lo que mas me repatea de estos grupusculos es su caracter desleal y racista habida cuenta de que el conjunto del pueblo manifestó en el 78 el contrato de convivencia que queremos tener entre todos y en la que se admitieron conceptos que no existian antes como la oficializacion de todas las lenguas españolas o el estado de las autonomias. A estos individuos no les gusta la Constitucion porque querrían hacerla para ellos solos y en la que la inmensa mayoria del pueblo estuviera a disgusto a cuenta que que le gustara a una mini-minoria, demostrándose el carácter fascista de estos grupúsculos, que sin embargo tienen cabida en la democracia que ellos desprecian. Su espiritu democrático no es su vocacion, sino su obligacion para que se les respete, habida cuenta de que son muy débiles y por otro medio no democrático serían mas débiles aún. En democracia caben hasta los que no lo son.

1 Alienao

Ego te absolvo a peccatis tuis in nomine Patris et Filii et Spiritus Sancti.

8 Patético

Dame aaaalgo dame aaaalgo un postiño de asesoriño aínda que sexa que os meus socios de Podemos xa non me queren buaaaaa