A autopsia non desvela a causa da morte dun ciclista este domingo en Narón

Agora será a Unidade Central de Análises Científicas, en Madrid, a que terá que clarificar este falecemento

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Os primeiros resultados da autopsia practicada ao ciclista atopado morto este domingo en Narón non permitiron aclarar a causa do seu falecemento. O home, de 66 anos, era veciño do lugar da Munchiqueira, no municipio coruñés de Neda.

Así o trasladaron a Europa Press fontes coñecedoras do caso, que detallaron que dita autopsia desenvolveuse desde as 10:00 horas deste luns no Hospital Naval de Ferrol. Debido a que este exame forense non logrou clarificar as causas do falecemento, agora será a Unidade Central de Análises Científicas da Comisaria Xeral da Policía Científica, con sede dean Madrid, a que terá que elaborar o informe definitivo.

O home foi localizado sen vida na estrada DP-5405, nunha zona de baixada e á beira dun muro exterior dunha vivenda unifamiliar. Foi un particular quen preto das 17:00 horas do domingo chamou ao 112 Galicia para alertar dun home tendido á beira da bicicleta e malferido. Con todo, os efectivos de Urxencias Sanitarias-061 desprazados tan só puideron certificar a súa morte.

Ao lugar no que foi achado o corpo acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Nacional e a Policía Local, ademais dunha comisión xudicial que autorizou o levantamento do cadáver.

ENTERRO

A pesar da incerteza sobre as causas da morte, os seus restos mortais serán enterrados este martes. En concreto, ás 15:30 horas partirá a comitiva fúnebre desde o Tanatorio de San Lorenzo, en Ferrol, en dirección ao cemiterio parroquial de San Pedro de Anca, en Neda, para recibir sepultura.

O falecido, recalcan as mesmas fontes, era moi coñecido no municipio no que residía, xa que ata hai un ano rexentara un negocio de hostalaría.

Ciclista
Ciclista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta