O PSdeG defende a "capacidade de entenderse" co BNG a pesar das súas diferenzas sobre a monarquía

Gonzalo Caballero afirma que aínda que o seu é un "partido constitucionalista" que "apoia a República", asumen a "estrutura do Estado que implica un papel para a monarquía que saíu da Transición".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu este luns a "capacidade" da súa formación "de entenderse" co Bloque Nacionalista Galego a pesar das súas diferenzas sobre o papel da monarquía.

Gonzalo Caballero na Cámara galega
Gonzalo Caballero na Cámara galega | Fonte: Lavandeira Jr - EFE

"O Partido Socialista goberna co BNG en deputacións e concellos. Temos experiencias de gobernos positivas e nestes ámbitos, do mesmo xeito que na Xunta, o que lle compete é resolver problemas como a sanidade, a educación, as necesidades sociais propias da autonomía galega e, nese ámbito, é no que as forzas progresistas temos capacidade de entendernos", indicou.

Así se pronunciou ao ser preguntado este luns pola decisión dos nacionalistas galegos de ausentarse do acto de apertura da XIV Lexislatura e de asinar un manifesto con outras forzas soberanistas e independentistas a través do que rexeitan a monarquía.

Tras subliñar que o PSOE é un "partido constitucionalista" que "apoia a República" como "forma estupenda" para dar goberno aos países, asegurou que tamén "é consciente" de que en democracias de longa duración hai un bo "funcionamento" da monarquía, do que o "caso paradigmático pode ser o Británico".

"Neste momento, coa axenda de temas deste país, a estrutura do modelo constitucional é algo que temos que manter e, cando se dean as circunstancias de avance, que non se prevén no curto prazo, haberá que estudar outros escenarios", apuntou.

Por iso, considerou que son debates que se repiten "cada x tempo" e sostivo que "se non se deron as maiorías para facer unha mínima reforma da constitución en 40 anos, o que hai que facer é pór en valor" a Carta Magna e, "traballar por facer avances".

"Os socialistas asumimos o marco constitucional, asumimos a estrutura do Estado que implica un papel para a monarquía que saíu da Transición", subliñou para considerar que "sempre hai que facer mellores".

"No que se poden facer é en cuestións de menor calado que tentar expor unha reforma do sistema que ao final non se vai a dar", apuntou para considerar tamén que a actitude das forzas soberanistas este luns busca "confrontación" para mobilizar "a certas capas do electorado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Gonzalito ten unha empanada de carallo... O PSOE é tan republicano coma o seu tío Abel mantendo en Vigo a Cruz dos Caídos !!! A merenda está servida !