Touro tamén protesta pola falta dun médico e dun pediatra que atenda aos 3.500 veciños

Piden que o goberno de Feijóo acabe cos recortes na sanidade pública e se atendan "dunha vez por todas" as necesidades da xente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/02/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Varios centos de manifestantes comcentráronse este mércores ante o centro de saúde do concello de Touro. Denuncian os recortes en persoal sanitario que "provocan que para unha poboación de máis de 3500 habitantes só dispoñan dun médico, o que orixina retrasos inasumibles nas citas médicas e unha constante situación de perigo ante calquera imprevisto que pode deixar ó concello sen ningún facultativo", tal e como indican nunha nota de prensa.

Varios centos de persoas maniféstanse ante o centro de saúde de Touro.
Varios centos de persoas maniféstanse ante o centro de saúde de Touro.

A isto súmase o problema da ausencia de pediatra, que "causa que os veciños teñan que facer quilómetros para que os nenos sexan atendidos" indican no mesmo informe. Piden que o goberno de Feijóo "acabe cos recortes na sanidade pública e se atendan dunha vez por todas as necesidades da xente". 

A plataforma en defensa do centro de saúde de Touro acudirá á manifestación convocada por SOS sanidade o vindeiro domingo en compostela. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 miñoca

Touro outra ves pero eso parece o proces. Non deixaredes de dar a tabarra.se non é por unha cousa e pola outra

1 Elcastigador

Estimado Sr/Sra miñoca la libertad de expresión es el nervio de la democracia y los habitantes de Touro estan en todo su derecho de protestar si les estan recortando en un derecho fundamental como es la atención sanitaria. Si tuviera hijos y le sacaran la consulta de pediatría seguro usted también estaría manifestandose. Y si le molesta ver las noticias pues no lea el periódico y respete a la gente que esta luchando por los derechos de sus hijos.