"Chamamos a saír á rúa para dicirlle ao PP como está de verdade a sanidade"

A Plataforma SOS Sanidade Pública prepara a manifestación unitaria deste domingo, 9 de febreiro, en Santiago: "A única esperanza para o sistema é unha gran alianza social e sanitaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública chama aos traballadores sanitarios, así como á poboación en xeral, a manifestarse este domingo, 9 de febreiro, en Santiago de Compostela "en defensa da sanidade pública galega". Os convocantes, que esperan unha "gran participación", apelan a secundar a protesta para "dicirlle ao PP como está de verdade a sanidade real".

A mobilización está convocada ás 12,00 horas deste 9 de febreiro desde a Alameda compostelá e, tras percorrer varias rúas da capital galega, está previsto que conclúa na Praza da Quintana.

A plataforma convocante apela a manifestarse porque a "situación sanitaria en Galicia atópase nun momento crítico" como, engade, "consecuencia das políticas de recortes, desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego".

Entre outros aspectos, chaman a saír á rúa a protestar pola "supresión das áreas sanitarias" e a "ocultación e maquillaxe das listas de espera", así como pola "deterioración dos dereitos laborais do persoal sanitario".

"A única esperanza para o sistema é unha gran alianza social e sanitaria en defensa da sanidade pública, universal, gratuíta, equitativa, accesible e de calidade", conclúe SOS Sanidade Pública.

Folleto da manifestación en defensa da sanidade convocada en Santiago o 9 de febreiro por SOS Sanidade Pública.. SOS SANIDADE PÚBLICA
Folleto da manifestación en defensa da sanidade convocada en Santiago o 9 de febreiro por SOS Sanidade Pública.. SOS SANIDADE PÚBLICA

Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública
Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta