Ares convértese no municipio 106 de Galicia en contar cun plan de urbanismo adaptado ás normas

Ángelez Vázquez incidiu en que "son máis de 5.000 as vivendas construídas en Ares e fálase dun futuro de 16 anos no que se poderán construír ata 1.900 vivendas a maiores"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mostrou a súa "satisfacción" por poder asinar este martes, 5 de febreiro, a orde do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ares, que "supón o 106 de Galicia que ten adaptado o seu plan".

"Non se trata só dun número, xa que a sociedade galega ten que aplaudir este tipo de actos que supón a organización dun Concello para moitos anos, con seguridade xurídica, que alcanza a nivel urbanístico a maioría de idade. A Xunta esta en disposición co resto de concellos que neste momento, no que son máis de 193, están coa redacción dun plan xeral de ordenación municipal, para os que temos comprometidos doce millóns de euros", sinalou.

Estas declaracións realizounas a integrante do Goberno da Xunta no Concello de Ares, onde acudiu para firma o novo documento urbanístico e onde estivo acompañada, entre outros, polo alcalde desta localidade costeira, Julio Iglesias (PSOE).

Así, Vázquez apuntou que é necesario "protexer a tradición e os nosos núcleos, pero ao mesmo tempo dar a posibilidade de que isto sigan madurando co tempo, vertebrando os núcleos urbanos, con mellores servizos, ademais de dar a oportunidade para o establecemento de industrias".

SINGULARIDADES

Ademais, Ángeles Vázquez destacou as "singularidades desta localidade, cun porto e algo que tamén é fundamental, como o turismo de natureza para poder desestacionalizar o turismo de verán".

En canto a cifras, a conselleira destacou que "máis do 80% do territorio de Ares é rústico, máis dun 8% de núcleo rural, seguido de núcleo urbano consolidado, en máis dun 7% e urbanizable que chega ao 0,8%". E incidiu en que "son máis de 5.000 as vivendas construídas en Ares e fálase dun futuro de 16 anos no que se poderán construír ata 1.900 vivendas a maiores".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, en Ares.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, en Ares. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta