O TSXG ratifica a negativa á construción dunha planta de combustible industrial en Viana do Bolo

Di que o proxecto "causará efectos negativos significativos sobre o medio ambiente" e o "patrimonio".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/02/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) denegou o recurso presentado pola empresa Paratermo Enerxía para a construción dunha planta de combustible industrial en Viana do Bolo (Ourense).

En 2017, a Consellería de Medio Ambiente emitiu unha declaración de impacto ambiental negativa a este proxecto para realizar combustible mediante gasificación de carbón.

Agora, o TSXG emitiu sentenza na que desestima o recurso desta compañía nuns fundamentos xurídicos nos que se sinala que a documentación achegada pola empresa debían facerse chegar "antes" da emisión desta declaración de impacto ambiental.

Argumenta que esa información chega de forma "extemporánea", polo que "só podería examinarse presentando unha nova solicitude para que os documentos fosen sometidos aos correspondentes informes sectoriais" co fin de que se poida emitir unha declaración de impacto positiva.

Con todo, lembra que Medio Ambiente denegou ese proxecto con base á documentación que se achegou no seu momento e avaliouse que ía causar " efectos negativos significativos sobre o medio ambiente" ao considerar que as medidas da entidade promotora "non garanten suficientemente a súa completa corrección ou a súa adecuada compensación".

A Sala resalta que o informe negativo da Xunta, con "natureza de informe vinculante e preceptivo", fixaba que o proxecto "causará efectos negativos significativos sobre o medio ambiente" cun "elevado risco para as numerosas especies protexidas e en perigo de extinción da zona e para o patrimonio cultural".

Un condutor dun camión cargado con 20 toneladas de combustible
Un condutor dun camión cargado con 20 toneladas de combustible | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hank Rearden

El rural despoblado.