José Luis Balseiro Vigo, nomeado novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia

É Licenciado en Dereito e posúe unha ampla formación en cursos policiais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, nomeou como novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia a José Luis Balseiro Vigo, quen ata agora ocupaba a Xefatura Rexional de Operacións.

Diso informou o Ministerio do Interior nun comunicado, no que detallou que o nomeamento se fixo a proposta do director xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras.

En concreto, José Luís Balseiro Vigo obtivo o seu primeiro destino en 1985 como inspector e desempeñou funcións de responsabilidade en distintas áreas policiais de Cataluña, Unidades de Intervención Policial en Galicia, así como na área de Seguridade Cidadá.

O Ministerio lembrou que en, o ano 2002, ascendeu á categoría de comisario e ocupou diferentes postos directivos en Canarias e Galicia.

Tras iso, en 2016 ocupou o cargo de comisario principal e desenvolveu a súa actividade profesional como Xefe da Comisaría Provincial da Coruña, onde no ano 2017 é nomeado Xefe Rexional de Operacións, cargo que ocupaba ata a actualidade.

O novo xefe superior de Galicia é Licenciado en Dereito e posúe unha ampla formación en cursos policiais, directivos e de planificación. Ademais, participou como docente en diferentes accións formativas e conta cunha Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Vermello e dúas Cruces ao Mérito policial con Distintivo Branco, entre outras.

José Luís Balseiro Vigo,novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia, á dereita / EFE  José Luís Balseiro Vigo,novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia, á dereita / EFE
José Luís Balseiro Vigo,novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia, á dereita / EFE José Luís Balseiro Vigo,novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia, á dereita / EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta