O BNG demanda á Comisión Europea que verifique xa os residuos radioactivos na costa galega

Lembra que hai 140.000 toneladas de residuos nucleares depositados, entre 1949 e 1982, en 220.000 bidóns na Fosa Atlántica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, demandou á Comisión Europea que "poña data xa" á verificación de residuos radioactivos na costa galega.

Nun comunicado, Miranda sinala que a CE contestou a unha pregunta do BNG para informar de que inclúe esta verificación na súa campaña de 2020, polo que urxe a que leve a cabo ante a situación de falta de vixilancia de 140.000 toneladas de residuos nucleares depositados, entre 1949 e 1982, en 220.000 bidóns na Fosa Atlántica.

A Comisión Europea indicaba na súa contestación que as datas de misión de verificación "están a ser negociadas coas autoridades españolas". Respecto diso, lembra que xa existe Goberno, "facilitado polo voto favorable do BNG", "polo que xa non hai escusas para non concretar as datas de investigación en Galicia".

Neste sentido, a portavoz nacionalista lembra que existe unha ampla demanda na sociedade galega ante esta problemática e rememora a protesta do barco Xurelo en 1981 para protestar contra estes residuos.

"Case 40 anos despois desta protesta seguimos demandando control sobre os bidóns nucleares", sostén. "Non queremos que Galicia sexa un cemiterio nuclear sen control", agrega.

Ana Miranda (BNG) e Manuel Rivas piden a retirada dos residuos radiactivos
Ana Miranda (BNG) e Manuel Rivas piden a retirada dos residuos radiactivos | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta