O BNG vese preparado para as eleccións e comeza a redactar o seu programa

Ante a hipótese de que se produza un adianto electoral, Olalla Rodil asegurou que os nacionalistas "van cos deberes feitos" e perciben que "máis galegos" queren que o Bloque "lidere" un proxecto de cambio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG), coa súa candidata á Xunta, Ana Pontón, continúa engrasando a maquinaria electoral coa activación de grupos de traballo abertos máis aló da súa militancia para elaborar o programa co que se presentarán ás autonómicas. "Estamos preparadas absolutamente para cando se convoquen, sexan cando sexan, iremos a por todas", sinalou a vicecoordinadora de Comunicación da Executiva do BNG, Olalla Rodil.

Ante a hipótese de que se produza un adianto electoral, sexa ou non propiciado pola convocatoria das eleccións vascas, Rodil asegurou que os nacionalistas "van cos deberes feitos" e perciben que "máis galegos" queren que o Bloque "lidere" un proxecto de cambio.

Seguros, os nacionalistas galegos, de que o presidente da Xunta, convocará "para beneficiar os seus interese e en ningún caso o dos galegos", a tamén deputada apostilou que, mellor, "que sexan canto antes, porque hai unha maioría que quere cambio" en San Caetano.

"Dános o mesmo", insistiu a viceportavoz na Cámara autonómica, e que durante o permiso de maternidade da líder do Bloque exerce como cabeza visible da formación nacionalista no Parlamento. Iso si, expresou que, canto antes sexan, "este país poderá comezar unha etapa nova".

"TRABALLO INTENSO"

Olalla Rodil remarcou que están a traballar  "de maneira moi intensa" para as eleccións galegas, coa idea dunha "Galicia en marcha, viva, dinámica e innovadora, que aproveite o seu inmenso talento e potencialidade". "Un país que ofreza condicións de vida dignas, que recupere os seus dereitos e supoña un punto de inflexión fronte ás Galicia menguante", describiu.

Así as cousas, o BNG organizou grupos de traballo temáticos para abordar os "grandes retos" que hai por diante, para establecer unha "interlocución e un diálogo aberto" cos sectores "máis vivos do país e representativos da diversidade social e económica" de Galicia.

Rodil destacou o proxecto "sólido e solvente" do BNG. Completarase con esta iniciativa denominada 'Pensar Galiza', para o que contarán con persoas expertas nas materias de políticas sociais, sectores produtivos, ecoloxismo e lingua e cultura, entre outros. "Para avanzar, este país necesita un proxecto propio, non valen copias, e aí é onde nos queremos situar con esta iniciativa. Galicia é talento, creatividade e modernidade", aseverou.

Pola súa banda, a coordinador da área de relacións internacionais na Península da Executiva do BNG, Rubén Cela, explicou os bloques nos que están divididos os grupos de traballo: emprego e desenvolvemento económico; igualdade real e dereitos sociais; servizos públicos; demografía e situación do país; e un gran bloque de lingua, cultura e identidade.

Empezarán a traballar esta mesma semana. O sábado 8 haberá un encontro co sistema universitario galego e o mundo da investigación, ciencia e innovación. Estará coordinado por Salustiano Matogueira, exrector da Universidade de Vigo e exalto cargo de Innovación co bipartito.

Candidatura do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Candidatura do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

Galicia merece algo máis... non vaia ser o demo... https://youtu.be/rb0XJ0tOoNw

1 Alienao

Para empezar, a "z" do seu nome.

2 Alienao

O z, perdón.

3 Gamela

O ceta de pezón é o que lle poñen algúns para mamar dela... UPG Galiza Pezón !