Temas: IVE A CORUñA

O Concello da Coruña insta Goberno central a abonar o IVE a Galicia

O pleno aprobou por unanimidade de todos os grupos senllas mocións, unha de Ciudadanos e outra do PP.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2020 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos senllas mocións, unha de Ciudadanos e outra do PP, instando o Goberno a abonar a Galicia o IVE correspondente a 2017.

Pleno no Concello da Coruña.
Pleno no Concello da Coruña.

As dúas mocións foron debatidas xuntas, pero votadas por separado e sen que prosperase ningunha das emendas presentadas por parte do BNG e do PSOE, pese ao receso que se fixo de cinco minutos para tentar chegar a un acordo entre ambas as formacións.

Si hai uns días a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, xa se mostraba a favor da devolución da contía de 200 millóns correspondente a 2017, na sesión plenaria deste xoves todos os grupos —PSOE, PP, Ciudadanos, Marea Atlántica e BNG— apoiaron que se devolva a Galicia esta contía.

"Quen xerou o problema foi o PP", dixo o portavoz socialista, José Manuel Lage, sobre a etapa do ministro Cristóbal Montoro á fronte do Ministerio de Facenda. "E quen terá que resolvelo é o PSOE", admitiu o edil, quen asegurou que apoian a petición por ser "coherentes" e non "privar" a Galicia deste diñeiro.

De "soberbia" cualificou, na súa intervención, a postura da ministra de Facenda, María Jesús Montero, o concelleiro de Marea Atlántica, Iago Martínez, para quen "o único feliz" co debate é o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Parece que non queren un cambio de goberno en Galicia", reprochou aos socialistas.

Temas: IVE A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta