A Cámara de Comercio da Coruña ameaza con demandar ao Estado se non abona o IVE a Galicia e anima a mobilizarse

Di que o impago causaía "prexuízos para a economía galega" e anima sociedade civil e o tecido socioeconómico a "defender os seus dereitos".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/02/2020 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio da Coruña avanzou a súa intención de demandar á Administración central "se non se produce o abono do IVE polos prexuízos que suporía para a economía galega".

A ministra de Facenda e Portavoz do Goberno, María Jesús Montero e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias
A ministra de Facenda e Portavoz do Goberno, María Jesús Montero e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Ante a negativa do Ministerio de Facenda de abonar os 200 millóns de euros de IVE a Galicia, asegura que a institución estudou a súa "lexitimación activa en defensa dos dereitos e intereses económicos xenerais colectivos do territorio, que ten encomendados por lei".

Ademais, argumenta que é hora "de que a sociedade civil e o tecido socioeconómico defendan os seus dereitos máis aló das opcións políticas de cada un, dado que estes impostos están abonados por empresas e profesionais baixo a condición de que o 50% se retorne en infraestruturas, prestación de servizos e subvencións a través da comunidade autónoma".

"Esa afectación territorial directa do ingreso do IVE non pode ser substituída por ningunha 'promesa' da Administración central sen garantías e que pode ser arbitraria entre territorios, como se nos demostrou recentemente".

Por outra banda, avanza que na próxima reunión dos órganos de goberno desta Cámara prepararase o acordo corporativo habilitante, "o cal se activaría a condición de que a Xunta de Galicia interpoña a súa demanda", precisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pitito

Patetico, o señorito dille ao can oubea, e o can faino. Menuda clase empresarial

1 patético

Causó y sigue causando más daño la ciudad de la cultura y estos paletos no abrieron la boca... por moito que non se queira ver nin oir, Galicia ten un grave problema social e de defensa dos nosos intereses. Carecemos dunha estratexia unitaria de defensa do noso... velaí a desaparición das nosas sináis de identidade máis básicas. E para os iluminados xa vedes que tamén uso o castelán.