Temas: PEDIATRíA VERIN

Nace o primeiro bebé no paridoiro de Verín tras a súa reapertura

O seu nome é Kevin Batista Martínez

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/02/2020 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Kevin Batista Martínez é o primeiro bebé que naceu no paridoiro do Hospital de Verín  tras a súa reapertura á primeira hora do pasado luns.

Segundo fontes sanitarias, "todo foi ben" no parto deste cativo, o segundo fillo dunha parella de Verín que xa ten outro neno de 10 anos de idade. O parto natural tivo lugar sobre as 19,30 horas deste xoves.

Hospital de Verín.
Hospital de Verín.

O paridoiro reaberto estrearase tamén cun segundo nacemento inminente, xa que a outra muller se lle induciu o parto con oxitocina, dado que se trata dun embarazo prolongado. O segundo nacemento é inminente, dado que a dilatación marcha "ben", segundo fontes médicas.

Tras unha intensa protesta social, o Hospital de Verín reabriu o pasado luns o paridoiro, despois de permanecer dous meses pechado. O centro incorporou unha pediatra e conta con outro profesional de garda.

Temas: PEDIATRíA VERIN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta