Chegan as chuvias tras un mini verán en pleno inverno

A semana próxima será tamén chuviosa.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/02/2020 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

As chuvias chegan a Galicia logo dunha semana máis propia de finais de primavera e comezos do verán, segundo o prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Ceo anubrado
Ceo anubrado | Fonte: EP

En concreto, en Galicia os intervalos nubrados poderán deixar algunha choiva na segunda metade do día, que se podería estender ata o oeste de Asturias. En xeral, os ceos serán pouco nubrados no Cantábrico e no sur das das illas Canarias. Ademais, as precipitacións tamén se poderían rexistrar no extremo occidental de Andalucía e área do Estreito.

Por último, os ventos serán do suroeste en Galicia, do sur no alto Ebro, País Vasco, Empordán e Menorca mentres que os ventos serán do leste ou nordés nos litorais do sueste peninsular, Estreito e Canarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta