A valedora do Pobo investigará a repercusión da maternidade na carreira das científicas galegas

Tratará de definir e avanzar nas actuacións para a efectividade do dereito á igualdade das mulleres

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, informou este venres de que analizará a repercusión que a maternidade ten na carreira investigadora das mulleres científicas en Galicia para coñecer os datos en relación á igualdade de trato e de oportunidades.

Nun comunicado remitido aos medios, a valedora deu conta do inicio desta investigación de oficio con motivo da celebración o próximo día 11 de febreiro, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A institución sinalou que "unha das principais liñas estratéxicas definidas" por Dolores Fernández na súa etapa á fronte da institución é a "efectividade do dereito fundamental á igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes". "É urxente analizar a situación do persoal investigador e, en particular, a repercusión que a maternidade ten na carreira investigadora das mulleres científicas", apuntou.

Segundo apuntou a defensoría galega, trátase de definir e avanzar nas actuacións para a efectividade do dereito á igualdade das mulleres investigadoras na carreira científica no seo das universidades e centros de investigación en Galicia.

Maternidade
Maternidade | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta