Temas: CAMBRE

A oposición de Cambre denuncia en Fiscalía ao alcalde e o edil de Urbanismo polo pavillón de Anceis

Argumentan que a construción executada "non contaba cos requisitos necesarios para ser edificada como un pavillón".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/02/2020 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Os grupos municipais da oposición no Concello de Cambre —Esquerda Unida, Ciudadanos, BNG, PP e Alternativa dos Veciños— presentaron un escrito en Fiscalía por supostas "ilegalidades" na construción do pavillón de Anceis.

Concelleiros dos grupos da oposición en Cambre, tras a presentación dunha denuncia contra o rexedor e o edil de Urbanismo ante Fiscalía
Concelleiros dos grupos da oposición en Cambre, tras a presentación dunha denuncia contra o rexedor e o edil de Urbanismo ante Fiscalía | Fonte: Europa Press

Delas, segundo informan, responsabilizan ao alcalde, Óscar García Patiño, e ao concelleiro de Urbanismo, Juan Leirós, de Unión por Cambre, aos que instan a asumir responsabilidades políticas, á marxe das posibles decisións xudiciais.

Os grupos da oposición argumentan que a construción executada "non contaba cos requisitos necesarios para ser edificada como un pavillón, xa que foi edificado sen licenza e nun chan rústico sen título habilitante".

"Motivo polo que a día de hoxe non se pode gozar publicamente del", engaden. Ademais, atribúen a execución da obra a un "interese electoralista do partido de Unión por Cambre, liderado polos responsables políticos denunciados".

Os feitos e actuacións que se relatan son considerados polo conxunto da oposición "como actuacións graves, que poden constituír varios ilícitos penais" dos que consideran que "é deber como cargos públicos pór en coñecemento do Ministerio Fiscal para que inicie investigación sobre os feitos", explican nun comunicado.

Temas: CAMBRE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta