A Deputación de Pontevedra destina máis de 2 millóns á contratación de 217 persoas en trece municipios

Trátase da terceira concesión de subvencións do 'Plan Concellos 2020' correspondentes á Liña 3 de Emprego.

Por E.P. | Pontevedra | 07/02/2020 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a contratación dun total de 217 traballadores municipais para untrece municipios da provincia. Trátase da terceira concesión de subvencións do 'Plan Concellos 2020' correspondentes á Liña 3 de Emprego, cunha achega de algo máis de 2 millóns de euros.

Carmela Silva
Carmela Silva | Fonte: Europa Press.

A presidenta provincial, Carmela Silva, informou desta consignación, que permitirá a contratación deste persoal aos concellos de Caldas de Reis, A Guarda, A Illa de Arousa, Meaño, Moaña, Mondariz Balneario, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Rosal, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

As persoas contratadas dedicaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais e son os propios municipios os que solicitan os postos a cubrir a través destas subvencións.

"Hai moitos servizos en todos os concellos de menos de 20.000 habitantes que poden ser prestados grazas a que a Deputación de Pontevedra pon estes recursos á súa disposición", destacou Silva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta