Temas: MORTE FISTERRA

Aparece o cadáver dun home en avanzado estado de descomposición nas inmediacións dunha praia de Fisterra

Foi localizado por uns peregrinos nas contorna de Arnela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home foi localizado por uns peregrinos nas inmediacións da praia de Arnelas, no municipio coruñés de Fisterra.

Praia de Arnela
Praia de Arnela | Fonte: Xunta.

O cadáver, que se atopa en avanzado estado de descomposición, foi trasladado a un instituto forense para practicar a autopsia, segundo informan fontes da investigación.

Segundo os primeiros indicios, o corpo, que foi atopado na zona pola que transcorre a Ruta dos Faros, podería corresponder ao dun peregrino.

Tras recibir o aviso ao fío das 13,00 horas deste venres de mans do grupo de persoas que localizaron o cadáver, axentes da Garda Civil e a Policía Local desprazáronse ao lugar para aclarar as circunstancias do suceso.

Temas: MORTE FISTERRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta