O mundo do teatro chora a morte da actriz Pilar Pereira

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia transmite o súa pesar pola morte dunha das súas "compañeiras máis veteranas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A actriz Pilar Pereira (Santiago de Compostela, 1937), referente do teatro e do audiovisual galego, faleceu este venres, segundo informou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

A actriz Pilar Pereira.
A actriz Pilar Pereira.

A asociación, que reúne a gran parte da profesión de interpretación e da dirección de escena, destacou que Pilar Pereira "trazou unha traxectoria vital e profesional digna de toda a admiración".

"Tanto nós, compañeiros e compañeiras do teatro, como o público, botaremos de menos unha figura imprescindible da nosa escena", sinalou a directiva da asociación, que lembra que Pilar Pereira foi galardoada en 2013 co Premio de Honra Marisa Soto na gala de Teatro María Casares.

Pilar Pereira posúe unha das carreiras máis amplas da escena galega tanto no audiovisual como no teatro. Así, durante máis de seis décadas, a actriz desenvolveu o seu traballo en Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina.

Entre outras accións, creou unha compañía teatral que levaba o seu nome e coa que realizou diversos espectáculos escritos por ela mesma como 'Un lunar vermello con pinguiñas azuis', que foi dirixido por Quico Cadaval. Ademais, traballou con Sarabela Teatro, Compañía Marías, Factoría Teatro, Teatro do Atlántico ou Teatro do Morcego.

No cinema, mantivo unha fructífra relación profesional co cineasta Xavier Bermúdez, co que realizou películas como Rafael, Nena ou León y Olvido. Na televisión tivo papeis regulares en series populares como Mareas Vivas ou Rías Baixas. A nivel estatal, participou con personaxes episódicos en Manos a la Obra e Hospital Central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta