Piden 5 anos de prisión para un home que tentou matar o seu compañeiro de piso en Marín

No momento dos feitos, o acusado atopábase baixo os efectos do alcol e da cocaína, que minguaban levemente as súas facultades.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 08/02/2020 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 5 anos de prisión para un acusado de tentar matar un compañeiro de traballo, co que residía nun domicilio de Marín, e ao que tratou de cravar un coitelo. O home, A.B.P., será xulgado o xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, na noite do 26 de febreiro de 2019, A.B.P. discutiu co seu compañeiro porque este lle colocou cinta illante ao mando do televisor. No trancurso da rifa, "con intención de acabar coa súa vida", tentou cravarlle un coitelo no abdome, pero o compañeiro logrou apartarse.

A continuación, o acusado dirixiulle novamente varias coiteladas tanto á cabeza como ao abdome, pero non logrou o seu propósito.

No momento dos feitos, A.B.P. atopábase baixo os efectos do alcol e da cocaína, que minguaban levemente as súas facultades, pero mantiña íntegras as súas capacidades intelectivas en relación con estes feitos.

Por todo iso, a Fiscalía considérao autor dun delito de homicidio en grao de tentativa, e pide que se lle condene a 5 anos de cárcere. Tamén reclama que se lle aplique a circunstancia atenuante analóxica de adicción a sustancias estupefacientes.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta