Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior

O obxectivo destes exames é que as persoas que non teñan as titulacións esixidas poidan cursar igualmente estes dous ensinos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, que serán o 28 de maio e o 23 de abril respectivamente.

Como informou a Xunta nun comunicado, o obxectivo destas probas é facilitar que as persoas que non teñan as titulacións esixidas para o acceso teñan unha vía para cursar igualmente estes ensinos.

Así, para o grao medio esixen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, título profesional básico ou equivalentes e para o superior piden o título de bacharelato, técnico de formación profesional ou equivalentes.

O Goberno autonómico explicou que poderán participar na proba de acceso a ciclos de grao medio as persoas que se axusten a este perfil e teñan 17 anos ou os cumpran no ano de celebración da proba. O prazo para presentar a solicitude será entre os días 2 e 13 de marzo.

Este exame consiste nunha parte lingüística --con probas de Lingua castelá, Lingua galega e Ciencias sociais--, unha parte matemática e unha parte científico-técnica --con probas de Ciencias da natureza e Tecnoloxía--.

GRAO SUPERIOR

Por outra banda, poderán participar na proba de acceso a ciclos de grao superior as persoas interesadas que teñan 19 anos ou os cumpran no ano de celebración da proba. Neste caso, o prazo de solicitude será entre os días 10 e 19 de febreiro.

Esta proba conta cunha parte común sobre Lingua galega, Lingua castelá e Matemáticas e unha proba específica con tres opcións en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos que posibilita o acceso. A opción terá que ser elixida o momento de formalizar a solicitude.

Ademais, a Xunta sinalou que as solicitudes deberán ser presentadas por vía electrónica a través do formulario da solicitude, dispoñible na aplicación informática ciclosprobas, ou na secretaría de calquera centro docente público da Consellería que imparta FP este curso.

Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo
Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta