O BNG reivindica en Ourense "un tren digno para o interior"

Por E.P. | OURENSE | 08/02/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O BNG presentou no concello ourensán da Rúa a campaña 'Tren digno para o interior' en demanda dun servizo ferroviario "público e galego".

Nesta conxuntura, a deputada Noa Presas insistiu en pedir as transferencias en materia ferroviaria co obxectivo de "crear un servizo público" que "mellore as prestacións e favoreza a vertebración económica, social e territorial" do interior de Galicia.

A campaña aspira a concienciar á sociedade de Valdeorras das "carencias" en canto ao transporte ferroviario, que ven "agravadas cada ano que pasa" cun "menor número de paradas, un menor número de frecuencias e unha subida nos prezos do billete".

Tren. RENFE - Arquivo
Tren. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 MariaJ

Unha pena que pasen cousas así.

1 Ferroviario

Entendo que quérese falar da vía Monforte - Poinferrada. Non é certo que " cada ano" haxa menos fecuencias, hai moitos anos que hai as mesmas ( escasas, por certo, dous rexionais ao día por sentido, ademáis do strens de longa distancia). A vía Monforte - Ponferrada ten un traxecto que só permite velocidades máximas moi baixas, e eso non arranxa senón con variantes moi costosas.