Detido un home que agrediu a outro no edificio abandonado no que durmían

O agresor golpeouno cunha barra de ferro na cabeza.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/02/2020 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

Un home foi detido pola Policía Local da Coruña despois de agredir a outro cunha barra de ferro mentres durmía no edificio abandonado no que ambos adoitaban pasar as noites na Rolda de Outeiro.

Dos feitos informou a Policía Local este sábado, que tras recibir unha chamada dun particular ás 22,58 horas do pasado xoves, se desprazou ata a edificación na que habitualmente pasaban a noite estas dúas persoas que se atopan en situación de senfogarismo.

Segundo relataron os axentes, o agresor chegou ao edificio e comezou a discutir coa outra persoa. Despois, golpeouna coa barra na cabeza e abriulle unha ferida pola que "sangraba abundantemente".

Nese momento, o home ferido saíu á estrada a pedir auxilio e a primeira persoa coa que se topou foi a que chamou á Policía, que se personou na zona con dúas patrullas, así como a unha ambulancia medicalizada que trasladou á persoa afectada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para realizar un TAC e tratar as feridas.

Mentres tanto, os axentes accederon ao edificio e alí atoparon ao presunto agresor grazas á descrición que facilitara a vítima, de nacionalidade española e de 52 anos de idade.

Unha vez localizado, o home negou os feitos, pero os axentes procederon á súa inmediata detención. Agora, o home de 39 anos de idade, procedente de Camerún, está acusado dun delito de lesións pasará a disposición xudicial.

DETIDO POR AGREDIR A UN AXENTE

Por outra banda, os axentes tamén actuaron na mañá deste sábado para deter outro home que causou desfeitas nun local, agrediu a varios clientes e enfrontouse aos axentes que acudiron ao servizo.

A Policía Local comunicou que cando chegaron ao lugar, na rúa Socorro, o home estaba a esnaquizar un local de hostalaría e ameazando a varios clientes mentres os empuxaba agresivamente.

Por este motivo, os efectivos trataron de neutralizalo, pero o home opuña resistencia e chegou a propinar unha puñada na cara a un dos axentes. Nese momento, procedeuse á súa detención e mentres estaba a ser trasladado ás disposicións policiais non cesou na súa actitude e empezou a golpear coa cabeza o interior do vehículo.

Ante estes feitos, foi denunciado por un delito de atentado a axentes da autoridade, danos nun local e lesións a un particular.

Axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local | Fonte: CLM24 Axentes de Policía Local. ARQUIVO Axentes de Policía Local. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta