O Entroido de Cobres bota a andar orgulloso de ser "un dos máis espectaculares de Europa"

O Concello de Vilaboa organiza a campaña #Oentroidounsentimento para reforzar a querenza polas tradicións propias.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O Entroido está á volta da esquina e Galicia prepárase dunha morea de maneiras diferentes para recibilo. O Concello de Vilaboa, coñecido polo seu emblemático Entroido de Cobres, decidiu, desta vez, botar a andar a campaña #Oentroidounsentimento para promocionar as súas festas. 

Entroido de Cobres
Entroido de Cobres | Fonte: Turismo Rías Baixas

O obxectivo é espandir a todo Vilaboa o orgullo de ter "un dos Entroidos máis espectaculares de Europa", reivindican dende a Concellería de Cultura. Segundo contan, o Entroido é "Tradición, Sentimento, Orgullo e Orixe". "Somos un pobo rico en folclore, ritos e tradicións e é necesario que todas nos sintamos orgullosas del".

Así pois, buscan que os balcóns e as fiestras das casas da vila se engalanen de lonas cos personaxes do Entroido. A veciñanza poderá facerse cunha delas, deseñada e pintada pola artista local Aitana Pintos, nas visitas que o Entroido ha de facer a cada parroquia do Concello. Polo de agora, poden recollerse no Alcouce e en Postemirón.

A programación nas parroquias de Cobres, San Adrián e Santa Cristina dará comezo o día 22 deste mesmo mes e culminará o martes de Entroido. Nese día, como broche final á festividade, o Concello celebrará xogos populares, bailes de madamas e galáns e un espectáculo de humor a cargo do predicador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta