Ingresado en estado crítico un ciclista de 71 anos atropelado en Xinzo

O suceso ocorreu ao redor das 19,30 horas da tarde deste domingo na estrada N-525, á altura dun taller mecánico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2020 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Un home de 71 anos, veciño de Calvos de Randín, resultou ferido moi grave tras ser atropelado este domingo en Xinzo de Limia mentres circulaba en bicicleta e permanece ingresado en estado crítico no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

En concreto, o suceso ocorreu ao redor das 19,30 horas da tarde deste domingo na estrada N-525, á altura dun taller mecánico, segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia.

Sobre esa hora, este servizo de emerxencias tivo constancia do accidente a través do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o punto unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital vásico con persoal da PAC de Xinzo.

Pola súa banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 informou os bombeiros do municipio, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento da estrada.

Unha das ambulancias do 061 encargouse da evacuación do septuaxenario ao Hospital de Ourense. De acordo con fontes da Subdelegación do Goberno consultadas por Europa Press, o condutor do turismo implicado resultou ileso.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta