O filme galego Manoliño Nguema volve con premio do Festival MiradasDoc de Canarias

Dirixido por Antonio Grunfeld, este filme conta a historia dun sesaxenario artista africado formado en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O público do festival de cinema documental Miradas Doc que se celebra en Tenerife recoñeceu o documental Manoliño Nguema e decidiu escollelo entre as máis de cincuenta longametraxes de países tan variados como Bélxica, Arxentina, Bosnia, Sudán, Francia, Italia...

Fotograma do filme Manoliño Nguema
Fotograma do filme Manoliño Nguema | Fonte: remitida

O documental Manoliño Nguema, que se fixo tamén cunha Mención do Xurado na Categoría Nacional, foi producido por Filmika Galaika e a ONG Waka films, coa colaboración de Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Ao festival acudiu o seu director, Antonio Grunfeld.

Manoliño Nguema achéganos ao singular universo dun proxecto que comezou sendo un documental e que aos poucos se foi transformando nunha iniciativa moito máis ampla que aglutina o teatro, a música e a formación nunha alegación en favor da migración, unha mirada positiva ante o poder integrador e sanador da cultura.

No 2017 o documental participou no I Foro de Coprodución África - América Latina "Afrolatam" de MiradasDoc coa idea de producir unha obra sobre a vida do artista africano sesaxenario Marcelo Ndong. Tres anos despois, o filme volve pisar a sede do festival para mostrar o seu proxecto feito realidade baixo o nome de "Manoliño Nguema".

No filme, Marcelo Ndong, un sesaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardaría en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será el. A súa propia vida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta