Temas: R EUSKALTEL

Grupo Euskaltel busca elevar mediante R a súa penetración en Galicia do 40% ao 100%

O conselleiro delegado, José Miguel García, asegura que Galicia ocupa unha "posición avantaxada" en Europa respecto da introdución de novas tecnoloxías nos ámbitos "residencial e empresarial".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/02/2020 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, José Miguel García, sinalou que esta empresa busca, a través de R, elevar a súa penetración do 40 ao 100 por cento en Galicia e asegurou que esta comunidade ocupa unha "posición avantaxada" en Europa respecto da introdución de novas tecnoloxías nos ámbitos "residencial e empresarial".

A presidenta do Círculo de Empresarios, Patricia García, o conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, José Miguel García, e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades
A presidenta do Círculo de Empresarios, Patricia García, o conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, José Miguel García, e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades | Fonte: Europa Press

Antes de participar nun encontro con empresarios en Vigo, o conselleiro delegado do grupo que integran Euskaltel, Telecable e R destacou que esta última copa o 30 por cento do mercado dos operadores de telefonía e Internet en Galicia, unha porcentaxe que asegurou que se eleva ao 50 por cento no ámbito empresarial.

Ademais, aínda que recoñeceu as "dificultades" que leva a dispersión para ofrecer servizos de alta velocidade de Internet e a telefonía en todo o territorio, José Miguel García avanzou que o grupo empresarial traballa no desenvolvemento de redes que garanta o "máximo nivel de cobertura" para os galegos en colaboración con outros operadores e institucións como a Xunta.

Deste xeito, incidiu en que R conta con 250.000 clientes en Galicia, onde apuntou que representa o principal operador. Así, avogou por unha expansión do grupo a nivel nacional baseada nun reforzo da marca R en Galicia.

Temas: R EUSKALTEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta