O PP "non se pecha" a incluír membros de Democracia Ourensana na súa lista para as eleccións galegas

Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome estudan esa vía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense e líder dos populares ourensáns, José Manuel Baltar, recoñeceu que o seu partido "non se pecha" a incluír membros de Democracia Ourensana na súa lista para as eleccións autonómicas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar | Fonte: Europa Press

Así o sinalou Baltar, xunto ao rexedor ouresano e líder de D.O., Gonzalo Pérez Jácome, que apuntou que "matizará se o seu partido se presenta ás eleccións autonómicas" e que manterá unha reunión co PP para "valorar que camiño tomará e cales son as opcións".

Entre as posibilidades atópase a de que algún dos membros do partido de Jácome se integre nas listas do Partido Popular, algo que "de inicio", o rexedor ourensán dixo "non exporse".

Pola súa banda, o presidente provincial subliñou que "os populares de Ourense non se pechan a explorar ningún tipo de solución para presentar a lista máis potente e que atraia ao maior número de votantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta