O adianto electoral compromete a esquerda rupturista, que ten só dez días de prazo para formalizar coalicións

Podemos cambia as súas primarias e Marea Atlántica reivindica o papel do municipalismo na construción dunha única candidatura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2020 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

A publicación este martes da convocatoria oficial das eleccións en Galicia para o 5 de abril abrirá un prazo de dez días para o rexistro de coalicións electorais, que quedará pechado na medianoite do 21 de febreiro.

Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino
Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino | Fonte: Europa Press

Así as cousas, e coa posible alianza de Ciudadanos e o PP descartada pola negativa dos populares galegos a unha coalición que si podería darse en Euskadi e Cataluña, a atención centrarase no ámbito da esquerda, onde existe a incógnita de como concorrerá ás eleccións o espazo político antes agrupado en torno ao partido instrumental En Marea.

Deste xeito, segundo figura no artigo 20 da Lei electoral galega, deberán rexistrarse as coalicións antes do undécimo día posterior á convocatoria. Así, as alianzas para o 5 de abril terán que formalizarse ante a Xunta Electoral de Galicia antes da medianoite do 21 de febreiro.

A 55 días da cita coas urnas, a forma na que concorrerá a esquerda rupturista permanece no aire, aínda que todas as organizacións que compoñen o espazo político expresaron a súa vontade de presentarse.

Os socios da que foi segunda forza nas galegas de 2016, En Marea, certificaron a súa división na primeira metade do pasado ano. Desde hai un ano, Anova, Esquerda Unida, Podemos Galicia e as mareas municipalistas que gobernaron Santiago, A Coruña e Ferrol romperon con En Marea, encabezada polo candidato á Presidencia da Xunta en 2016, Luís Villares.

Estes últimos, que se presentaron en solitario ás xerais de abril (nas que obtiveron pouco máis do 1% dos votos) e que non concorreron á súa repetición seis meses despois, xa expresaron a súa vontade de estar nas galegas, ben pola súa conta ou enrolados nunha alianza con outras forzas progresistas e do ámbito soberanista.

Pola súa banda, tras a ruptura coa parte liderada por Villares, Anova, Esquerda Undia e Podemos Galicia continuaron compartindo grupo parlamentario, aínda que os nacionalistas caeron da coalición formada para as xerais do pasado ano, nas que a alianza de EU e o partido morado baixo a marca En Común logrou dous deputados, situándose como terceira forza en ambas as citas coas urnas.

Neste sentido, Podemos Galicia, como expresou o seu líder e deputado no Congreso Antón Gómez-Reino, cre que En Común representa unha fórmula consolidada entre no electorado que, ademais, agora conta co aval de ser unha "forza de goberno" ao contar coa súa referente Yolanda Díaz no Consello de Ministros á fronte da carteira de Traballo.

Con todo, Anova, que designou o exalcalde santiagués Martiño Noriega como encargado das negociacións para unha posible alianza electoral, dúbida do posible percorrido da coalición En Común no seu traslado á política galega, polo que chama a ensanchar o espazo apostando polas mareas municipalistas pero deixando ao carón a En Marea de Villares.

O domingo, Podemos Galicia anunciou a convocatoria de primarias para elixir os seus candidatos, aínda que o calendario deberá modificarse ante o adianto das eleccións; mentres que Anova confirmou este mesmo luns que estará na cita do 5 de abril. Esquerda Unida foi a primeira en facer os deberes e conta desde finais de 2019 con candidatos para as autonómicas coa súa coordinadora nacional á cabeza, Eva Solla.

Ademais, as mareas municipalistas reivindican o seu peso na construción dunha alternativa electoral. Marea Atlántica nomeou o exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro encargado das relacións coa "confluencia" e o referente de Compostela Aberta e tamén exalcalde Martiño Noriega asumiu desde decembro o papel de interlocutor do seu partido, Anova, co resto do espazo político.

Este luns, Marea Atlántica fixo un chamamento "ás diversas forzas políticas do espazo do cambio en Galicia e ás mareas municipalistas de todo o país" de cara a "acelerar o calendario" para a definición dunha "única candidatura" para as autonómicas.

Por iso, e tras reivindicar que o municipalismo debe contar cun "papel activo na construción da alternativa política ao PP", a marea que gobernou A Coruña de 2015 a 2019 anuncia a convocatoria dunha reunión do seu máximo órgano de decisión —a 'Rede'— para definir a forma na que Marea Atlántica "tomará partido" nestas eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 nostrus

Y Beiras no se retira?, aquel que despreciaba a Fraga por ser anciano. Bueno, yo creo que además de desprecio era que le tenía miedo politico. Pobre Beiras, toda la vida dando la nota y nuca fue capaz de tener un cargo. Tal vez sea porque solo sirve para estorbar y dar la nota.

1 Gustavo

"Tener un cargo". Home, iso consígueno moitísimos analfabetos funcionais do teu partido, que ocupan cargos, empezando por moitos deputados electos que non abren a boca en catro anos. Aparte diso, Beiras leva retirado varios anos da política activa, o que non quita que a sua simple presenza siga preocupando a pobres diablos coma ti. Por algo será.

2 nostrus

Ti non sabes cal é o meu partido, pero si os analfabetos de calquer partido son capaces de conseguir un cargo é porque hasta un analfabeto de calquer partido é mais competente ca Beiras. E Beiras non se retirou da politica, sinxelamente fai o que pode, tira a pedra e esconde a man. Tiñalle que pedir perdon a Fraga por ser peor ca él.

2 Brian

Non, teñen 10 días de plazo para romperse ainda mais.

1 José Antonio

Las garrapatas quieren seguir chupando.