Temas: 5A ELECCIóNS

O prazo para solicitar o voto por correo estará aberto até o 26 de marzo

Os cidadáns que queiran votar nas eleccións ao Parlamento galego poden solicitar o certificado da súa inscrición no Censo Electoral de Galicia en calquera oficina de Correos de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Os cidadáns que queiran votar por correo nas eleccións ao Parlamento galego poden solicitar ata o día 26 de marzo, en calquera oficina de Correos de España, o certificado da súa inscrición no Censo Electoral de Galicia. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia.

Segundo informou Correos, esta solicitude debe ser realizada persoalmente por cada elector, agás en caso de enfermidade ou discapacidade acreditadas mediante certificación médica oficial que impida a formulación persoal da devandita petición, puidendo ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar que son eles presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais correspondentes da Oficina do Censo Electoral, quen enviarán aos solicitantes, entre o 16 e o 29 de marzo, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

Temas: 5A ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E os votantes no estranxeiro seguirán tendo que ROGAR o voto para maior gloria de VOX ?