Ferrol lembra a Porto Leis, acalde republicano asasinado polos falanxistas en 1938

Foi o último alcalde democrático que tivo Serantes,

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Familiares e representantes dos grupos municipais dedicaron unha sentida homenaxe este martes a Alejandro Porto Leis, último alcalde democrático de Serantes e asasinado por un grupo de falanxistas en 1938 xunto ás persoas que lle axudaron a esconderse.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), presidiu unha ofrenda floral xunto ao monólito dedicado á súa memoria e á doutro tres represaliados, Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto del Río, un electricista de Bazán, dous labradores e un carpinteiro, lembraba o rexedor.

Porto Leis foi executado polas súas conviccións republicanas, que defendeu durante dous mandatos desde a Alcaldía de Serantes, e o resto por axudarlle "durante case dous anos a esconderse de quen quería acabar coa súa vida". Os catro foron fusilados na praia da Frouxeira o 11 de febreiro de 1938, hai 82 anos.

"Foi un de tantos homes que pagaron o máis alto prezo por soñar unha España que non puido ser", incidiu Mato, lamentando que o entón rexedor "morreu vendo como o seu país entraba na escuridade e seguramente non adiviñou que hoxe sería de novo libre para honralo e para renovar esta humilde mostra de gratitude do Concello de Ferrol e das asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán".

O alcalde finalizou o seu discurso defendendo os "irrenunciables ideais de liberdade e progreso", dos que Leis é "un exemplo" e lembrou as palabras recollidas na biografía escrita por Paulino Gasalla sobre o propio Porto Leis, ao que cualificou como "un alcalde para o pobo".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, intervén na homenaxe a Alejandro Porto Leis
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, intervén na homenaxe a Alejandro Porto Leis | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Geronimus

Para cando Calvo Sotelo, asasinado polos socialistas en 1936?