A CIG presentará alegacións ao "insuficiente" estatuto para reverter a crise da industria electrointensiva

Considera que "chega tarde" e sen as medidas necesarias para reverter a crise da industria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A CIG avanzou este martes que presentará alegacións ao "insuficiente" estatuto para as electrointensivas, xa que considera que "chega tarde" e sen as medidas necesarias para reverter a crise da industria.

Tal e como xa fixo co anterior borrador, a CIG demandará que senten as bases para unha tarifa eléctrica estable para as grandes empresas consumidoras de enerxía.

Protesta da CIG para unha solución para as empresas electrointensivas
Protesta da CIG para unha solución para as empresas electrointensivas | Fonte: CIG.

Así, observa unha "indefinición" en cuestións como a compensación por CO2, mentres non se libera á factura dunha parte importante dos custos alleos ao sistema, á vez que "non é garantista" en relación ao emprego e condicións laborais. Ademais, quéixase de que liga máis da metade do apoio económico á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado

Así mesmo, a CIG censura que o Goberno central non chegue ao máximo da compensación que permite a Unión Europea. Sinala que fai unha previsión de compensación polas emisións de CO2 de ao redor de 5,5 euros menos por tonelada.

Critica que o Goberno se encomenda na "fe cega" aos contratos de compravenda de enerxía por un longo prazo de tempo (PPA) e a "crer que existirá unha capacidade de produción por renovables que permita reducir o prezo da electricidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta